RELACION DE PERSOAS APTAS NO CURSO DE CONTROL DE ACCESOS DO 21 DE MARZO DE 2024

PR471A
martes, 26 Marzo, 2024

Relación de persoas aptas

No prazo de 10 días hábiles, contados desde o día seguinte ao da publicación na páxina web da Academia Galega de Seguridade Pública da relación definitiva das persoas que superaron o curso formativo, cuxos datos se recompilarán desagregados por sexo, as persoas aspirantes incluídas nela deberán solicitar da dirección xeral competente en materia de espectáculos públicos e actividades recreativas a expedición da habilitación, achegando o xustificante de ter abonada a correspondente taxa administrativa para os efectos de que lles sexa expedida esta, xunto co distintivo que os identifique e acredite como persoal de control de acceso a espectáculos públicos, actividades recreativas e establecementos abertos ao público.

Pode tramitar a súa solicitude a través de sede electrónica da Xunta de Galicia: sede.xunta.gal e o procedemento é o PR472A. Lembre que ten que presentar coa solicitude o xustificante de ter abonada a correspondente taxa administrativa e as fotografías escaneadas.

Para calquera dúbida respecto de a solicitude desta expedición de habilitación pode contactar
cos seguintes teléfonos:

881 997 677, 981 546 499, 981 546 416