Curso de formación específica de socorrismo en instalacións e espazos acuáticos naturáis na Comunidade Autónoma de Galicia

Código:

242120

Data de inscrición:

18/04/2024 - 26/04/2024

Número da edición:

9

Horas docentes:

240

Prazas:

27

Modalidade:

Presencial

Data Inicio - Fin:

03/05/2024 - 15/06/2024

Lugar:

Baiona (Pontevedra)

Localización:

AGASP

Aula/local:

Prácticas: Piscina de A Ramallosa / praia en Baiona

Horario:

proba específica: 3 de maio ás 20.00 horas

Días:

3, 4, 5, 10, 11, 12, 17, 18, 19, 24, 25, 26, 31 de maio, 1, 2, 7, 8, 9, 14, 15 de xuño de 2024

Obxectivos:

Acadar a formación mínima que deben reunir os/as socorristas acuáticos/as para o seu exercicio profesional no ámbito territorial da Comunidade Autónoma de Galicia e a súa inscrición no Rexistro Profesional do persoal de socorrismo, información e primeiros auxilios de Galicia.

Contido:

1. Proba especifica de natación (120 horas)
2. Prevención de situacións de risco e vixilancia en instalacións acuáticas (IA) e en espazos acuáticas naturais (EAN) (20 horas)
3. Intervención e rescate en IA e EAN (60 horas)
4. Primeiros auxilios e actuación inicial en emerxencias en IA e EAN (40 horas)

Destinatarios:

- Agrupacións de Voluntarios de Protección Civíl
- Socorrista

Destinatarios específicos:

Reservarase un 30% das prazas a voluntarios/as activos/as nunha agrupación o asociación de voluntarios de protección civil que teñan superado o curso básico de protección civil.

Requisitos:

Persoas maiores de idade en posesión do título de Graduado/a en Educación Secundaria Obrigatoria

Durante o prazo de solicitudes os solicitantes achegarán por correo electrónico a formacion.emerxencias.agasp@xunta.gal o título de Graduado en ESO

Base sétima. CRITERIOS XERAIS DE SELECCIÓN
1. A selección realizarase por orde de entrada da solicitude de inscrición.
2. Reservarase un30% das prazas a voluntarios/as activos/as nunha agrupación o asociación de voluntarios de protección civil que teñan superado o curso básico de protección civil.
3. Na selección reservarase o 50% do total das prazas para solicitantes mulleres que reúnan os requisitos establecidos na convocatoria, segundo o disposto no artigo 50 do Decreto lexislativo 2/2015, do 12 de febreiro, polo que se aproba o texto refundido das disposicións legais da Comunidade Autónoma de Galicia en materia de igualdade.
Cando no proceso de selección non se completase a reserva dos puntos segundo e terceiro, a dita reserva, de existir suficiente número de solicitantes, completarase co resto de solicitudes.


O alumnado admitido deberá traer: gorro e gafas de natación, bañador, chanclas, aletas e útiles persoáis de aseo

Inscrición:

gratuita

DOG núm 76 - 17/04/2024

Publicacións admitidas:

RENUNCIAS
- A renuncia deberase comunicar por escrito ao correo electrónico: formacion.emerxencias.agasp@xunta.gal, co fin de poder cubrir a vacante.
- Si renuncia con menos de 3 días hábiles ao inicio do curso, ten que ser por causa de forza maior xustificada documentalmente, de non facelo así será penalizado coa non admisión en cursos da Agasp durante o prazo de 6 meses.