Análise táctica: operacións avanzadas

Código:

242110

Data de inscrición:

30/04/2024 - 06/05/2024

Número da edición:

1

Horas docentes:

50

Prazas:

70

Modalidade:

En liña

Data Inicio - Fin:

28/05/2024 - 08/11/2024

Aula/local:

en liña (na plataforma da Agasp)

Horario:

Curso en liña: horario segundo as necesidades do alumno

Días:

28/05/2024 ao 08/11/2024

Contido:

1.- Dinámica do lume e do incendio (5 horas)

2.- Análise do comportamento do lume (15 horas)

3.- Introdución ás operacións de extinción: técnicas de extinción e razoamento operativo (6 horas)

4.- Factor humán (2 horas)

5.- Operacións avanzadas (análise de casos) (12 horas)

6.- Análise táctico (10 horas)

Destinatarios:

- Servizos de Prevención e Extinción de Incendios Forestais da Xunta de Galicia - Xefe de brigada

Destinatarios específicos:

Bombeiros/as forestais xefes/as de brigada dos distritos forestai

Requisitos:

1) Bombeiros/as forestais xefes/as de brigada dos distritos forestais (70 prazas – 16 para os distritos I a V, 16 para os distritos VI a X, 22 para os distritos XI a XV e 16 para os distritos XVI a XIX)
2) No caso de quedar prazas dispoñibles dentro de algún ámbito acumularanse para ser ocupadas por unha lista única de ámbito autonómico
3) Terá prioridade o persoal con maior antigüidade na administración autonómica, contabilizada como número de trienios e data de vencemento do último trienio.
4) De acordo co artigo 155 da LEI 7/2023, do 30 de novembro, para a igualdade efectiva de mulleres e homes de Galicia, reservarase un 50 % das prazas para mulleres que reúnan os requisitos esixidos na convocatoria.
5) En caso de ser necesario, o desempate realizarase pola orde de inscrición.

Inscrición:

gratuita

Publicacións admitidas:

RENUNCIAS
- A renuncia deberase comunicar por escrito á Agasp, por correo electrónico ao enderezo formacion.emerxencias.agasp@xunta.gal, co fin de poder cubrir a vacante.
As renuncias con menos de 3 días hábiles de antelación ao comezo do curso teñen que ser xustificadas documentalmente.