Atención á diversidade: a comunidade xorda e a lingua de signos

Código:

242056

Data de inscrición:

07/03/2024 - 13/03/2024

Número da edición:

1

Horas docentes:

20

Prazas:

30

Modalidade:

Telepresenza

Data Inicio - Fin:

06/05/2024 - 10/05/2024

Aula/local:

TELEPRESENZA- VIDEOCONFERENCIA EN DIRECTO na plataforma de formación da Agasp

Horario:

9.30-13.30 horas (videoconferencia en directo)

Días:

6, 7, 8, 9 e 10 de maio de 2024

Obxectivos:

- Obtener conocimientos básico de la lengua de signos española (LSE).
- Conocer la psicosocioloxía de las personas sordas

Contido:

Módulo 1. Lingua de signos española (LSE) (13 horas)
1) Dactilolóxico ou alfabeto manual
2) Gramática básica
3) Números
4) Saúdos e presentación
5) Solicitar información (preguntas)
6) Vida cotiá (días, accións...)
7) Descrición física das persoas
8) Vocabulario específico. Representación de situacións.
9) Dinámicas LSE.

Módulo 2. Psicosocioloxía das persoas xordas ( 7 horas)
1) Conceptos básicos: mitos e crenzas equivocadas e definición e etioloxía da xordeira
2) Situación actual: repaso histórico e educación, familia e integración social
3) Recursos técnicos e humanos: para as persoas xordas (audífonos, implantes...) e para todos (intérpretes, videoconferencias...)

Destinatarios:

- Agrupacións de Voluntarios de Protección Civíl

Destinatarios específicos:

Persoal voluntario de agrupacións de voluntarios de protección civil (AVPC) dos concellos de Galicia

Requisitos:

1. Requisitos xerais:
a) Ter superado o curso básico de protección civil.
b) Estar como voluntario/a activo/a na correspondente AVPC.
2. Requisitos físicos/psíquicos: os/as solicitantes deberán acreditar que non padecen enfermidade nin están afectados por limitación física ou psíquica incompatible coa realización das accións formativas ou o desempeño das funcións correspondentes ao curso ao que se opta, mediante declaración que se cubrirá xunto coa solicitude de matricula no curso.
3. Os requirimentos técnicos para a formación por streaming

Publicacións admitidas:

RENUNCIAS
- A renuncia deberase comunicar por escrito ao correo electrónico: formacion.emerxencias.agasp@xunta.gal, co fin de poder cubrir a vacante.
- Si renuncia con menos de 3 días hábiles ao inicio do curso, ten que ser por causa de forza maior xustificada documentalmente, de non facelo así será penalizado coa non admisión en cursos da Agasp durante o prazo de 6 meses.