A piscina é unha instalación cuberta e climatizada de 25x12 metros. Dispón de vestiarios de homes e mulleres, así como dun ximnasio e autoservizo de cafetería.
A súa utilización é conxunta, en horarios separados, polos alumnos da Academia, para as súas clases de formación, e polos veciños do Concello da Estrada.