A Academia conta nas súas instalacións con catro laboratorios:
Criminalística. Estudo de documentos: Cunha capacidade para 30 alumnos, está equipado con medios informáticos e audiovisuais, como son vídeo espectro comparador e microscopios, para o exame de documentos, sinaturas, letras, falsidades, etc.
Criminalística. Inspección ocular: Conta cun equipamento completo para o revelado de pegadas, recollida de indicios e pegadas, etc. Capacidade para 30 alumnos.
Criminalística. Balística: Equipado cun microscopio criminolóxico de comparación para estudos balísticos e con medios informáticos. Capacidade para 20 alumnos.
Laboratorio de vídeo e fotografía dixital: Conta cun equipamento completo de investigación audiovisual, como son cámaras dixitais de fotografía e vídeo, vídeo-reproductores, etc. Capacidade para 15 alumnos.