Dispón de medios axeitados para a consulta e estudo do material bibliográfico do centro. Os fondos bibliográficos abranguen coleccións lexislativas, enciclopédidas, literarias e científicas, destinados á finalidade formativa da Academia, especialmente dirixida ao dereito público e a seguridade e protección civil, con representación importante de revistas españolas especializadas.
Os ditos fondos están ordenados nos andeis da biblioteca, cunha clasificación dirixida a facilitar o acceso aos mesmos. Os fondos vanse actualizando con novas adquisicións segundo as necesidades formativas como tamén as que derivan das modificacións lexislativas.