Para a realización das súas actividades a academia conta cunha edificación de máis de 10.000 m2 útiles situada nun recinto pechado de máis de 180.000 m2.
As devanditas instalacións comprenden unha residencia con capacidade para 120 persoas, diferentes tipos de aulas, laboratorios, salas de estudo, conferencias e de xuntas, salón de actos, biblioteca, foxo de tiro, instalacións deportivas, áreas de esparexemento, cafetería e restaurante.
Tal variedade de infraestruturas permiten a realización de todo tipo de actividades de estudo ou formación, tales como seminarios, mesas de traballo, cursos, conferencias, etc.