Os integrantes das agrupacións de voluntarios de protección civil que superaron o curso deberán solicitar o certificado a través da súa A.V.P.C.
As demáis persoas que superaron o curso deberán solicitar o certificado a través de correo electrónico (formación.emerxencias.agasp@xunta.es), fax (886 206 123) ou correo ordinario (Agasp, Avda. da Cultura, s/n, A Estrada, 36680, Pontevedra) indicando:
Nome e apelidos
DNI
Enderezo postal
Achegando este certificado xunto co resto da documentación que normalmente se precisa: certificado médico psicotécnico, fotografía, permiso clase B e pagamento de taxas, poderán obter nas xefaturas provinciais de Tráfico a autorización BTP.