A AGASP colaborará coa Federación Galega de Loitas Olímpicas para ensinar defensa persoal aos policías de Galicia
(05-02-2010)
Poderán optar aos cursos uns 18.000 membros das Forzas e Corpos de Seguridade Pública e aos profesionais de Seguridade Privada de Galicia
Redundarán nunha mellor e maior preparación dos colectivos encargados da seguridade publica
Santiago, 5 de febreiro de 2010.- O director xeral da Academia Galega de Seguridade Pública (AGASP), José Carlos García Bouzas, e o presidente da Federación Galega de Loitas Olímpicas (FGLO), Jose Luis Olazábal Ibars, asinaron esta mañá un convenio de colaboración para a organización conxunta de cursos de defensa persoal policial.A Academia considera prioritaria esta colaboración ao considerar que os contidos formativos relacionados coa especialidade de Defensa Persoal Policial redundarán nunha mellor e maior preparación dos colectivos encargados da seguridade publica pertencentes tanto ás Forzas de Seguridade Publica Cidadán, así como para os profesionais da Seguridade Privada de Galicia. Poderán optar a estes cursos uns 18.000 profesionais deste eido.Á Federación Galega de Loitas Olímpicas correspóndelle, no ámbito da Comunidade galega, a promoción da especialidade de Defensa Persoal Policial, a expedición dos diplomas correspondentesao noveis e grados obtidos na mesma, ao tempo que desenvolve anualmente unha serie de cursos de actualización para os para os profesionais da seguridade.Mediante este convenio establece o marco de colaboración para a organización conxunta de cursos de Defensa Persoal que se convocarán e organizarán no ano 2010 –xuño e decembro- a través da súa publicación no Diario Oficial de Galicia. Dentro das especialidades en defensa persoal policial, impartiránse cursos de técnicos especialistas en catro niveis; cursos de Cinturón Negro, do 1º ao 7º dan; e cursos de monitor nacional nivel I, entrenador nacional nivel 2 e 3, e o mestre nacional. Os alumnos que superen cada un dos cursos obxecto do convenio recibirá un diploma de aproveitamento recoñeciido e asinado polas dúas entidades formativas.Para proceder á selección dos alumnos aspirantes á realización dos cursos constituirase un órgano paritario de selección composto por dous representantes da AGASP e outros dous da FGLO, que farán a selección atendendo aos requisitos e criterios fixados nas convocatorias. Así mesmo, para o seguimento e execución do convenio, así como para a coordinación da actividade docente, créase unha comisión mixta integrada polo presidente e o deirector técnico da FGLO e o director e o secretario xeral da Academia.