A accesibilidade Web significa que persoas con algún tipo de discapacidade van poder facer uso da Web. En concreto, ao falar de accesibilidade Web estase facendo referencia a un deseño que vai permitir que estas persoas poidan percibir, entender, navegar e interactuar coa Web, aportando a súa vez contidos. A accesibilidade Web tamén beneficia a outras persoas, incluíndo persoas de idade avanzada que veron mermadas as súas habilidades a consecuencia da idade.
O Consorcio World Wide Web (W3C) é unha asociación internacional onde as organizacións membro do consorcio, o persoal propio e o público en xeral traballan conxuntamente para desenvolver estándares Web. O obxectivo do W3C é:
Guiar a Web cara o seu máximo potencial mediante o desenvolvemento de protocolos e pautas que aseguren o crecemento futuro da Web.
A páxina web da Academia Galega de Seguridade Pública, segue as recomendacións desta entidade nos seguintes puntos: